O 4 deste mes de Febreiro mandou a súa procura Francisco pois andaba buscando ós seus curmáns Mirta e Norberto en Bos Aires. Posto en contacto coa nosa socia Cachafeiro en pouco tempo, o día 7, xa tiña localizados os dous.
Dende que estou eu como responsable do Atopadoiro este é o primeiro reencontro [...]
15
Feb 2010
28
Xan 2010
Elba, membro de Fillos de Galicia, mandara xa en 2006 a primeira mensaxe de procura de familiares do seu pai. Agora o día 26 deste volvéunolo lembrar con outra mensaxe. Parecía doado acadar un resultado satisfactorio para esta procura pois, igual que o segundo reencontro deste mes, estaba moi ben centrada: Zolle-Guntín, Lugo. Onte, [...]
O día 12 deste mes recibín a mensaxe de Alicia que buscaba no concello de O Carballiño familiares da súa avoa. A procura había que centrala entre Medela e Madarnás pois alí estaba enterrada a súa avoa que volvera da Arxentina a morrer na súa aldea natal. Teño que da-las grazas a Sra. [...]
1
Xan 2010
Este primeiro reencontro foi madrugador. A piques estiven de resolvelo onte, fin de ano, pero a señora Marta non me colleu o teléfono. Hoxe a mañá non houbo problema, descolgáronme o teléfono e a outra banda apareceu a voz de unha señora moi amable que me atendeu con moito cariño. Despois das presentacións e de [...]
30
Dec 2009
O 14 deste mes de decembro recibiuse neste servizo do atopadoiro a solicitude, desde Venezuela, de Alicia Vázquez Briceño solicitando axuda para contactar con familiares do seu pai xa morto. Despois de contactar con ela pedíndolle algún dato máis e comprobar que a liña de comunicación funcionaba, púxenme a buscar. Foi moi doado axudala pois [...]
3
Dec 2009
Mediado o mes de novembro Sergio Porto dende Bos Aires, por medio dunha mensaxe a este servizo do Atopadoiro, pedía axuda para volver a contactar coa súa familia de Vigo.
Postos a traballar e con toda a información que nos dera, que foi moita, hoxe día 2 de decembro, logramos falar cos curmáns del en Vigo.
Dende [...]
16
Out 2009
Ola a todos:
Hai uns días que Dania (daniamsuarez) atopou a súa familia, pola banda da súa avoa, en Coreixas, concello de Rodeiro, Pontevedra. A cousa ven de atrás, de marzo do 2008 onde ela a través do Atopadoiro pedía axuda para atopar a familia da súa avoa Estrella. A cousa estivo algo parada pero activouse [...]
30
Set 2009
O nove de Agosto, Luís Martínez dende Bos Aires pedía, neste servicio do Atopadoiro, axuda para a procura de familiares de seu pai, Andrés Emilio e da súa nai Aurelia, ámbolos dous de Moraña, aínda que un da parroquia de Rebón e outro da de Saiáns.
Postos ó traballo, non puidemos atopar familiares pola banda do [...]
Ola a tódolos membros e socios de Fillos:
A historia deste reencontro empezou o día 7 de setembro con esta mensaxe de Ariel:
“Hola a todos!
Mi nombre es Ariel Veiga Cabrera. Estoy buscando familiares de mi abuelo paterno. Él emigró a Cuba en la tercera década del siglo XX y acá se casó con mi abuela y [...]
18
Set 2009
Recibín o día 4 de setembro a seguinte mensaxe de Alejandro:
“Saludos ante todo. Soy cubano pero nieto de gallegos. Mi abuelo paterno se llamaba Andrés Fernández Cerdido y quisiera saber si tenemos algún parentesco el es hijo de Andrés Fernández y de Antonia Cerdido y nació el 4 de febrero de 1900. Yo me [...]
